domingo, 15 de agosto de 2010

«Unha vez discutín con Castelao e insulteino: chameille reaccionario»

O intelectual galeguista, que cumpre esta semana 90 anos, bótalle unha ollada á súa vida mentres pon orde nas súas pertenzas metidas nunha morea de caixas de cartón


«¡Adiante, pasen!». Isaac Díaz Pardo invita a entrar no seu estudio. Desde a ventá do mesmo vese enfronte o Museo Carlos Maside, de Sada, e as instalacións de Sargadelos. Sentado nun curruncho, diante dunha mesa chea de fotos, libros e papeis, con carpetas polo chan, está o intelectual galeguista que o vindeiro venres cumprirá 90 anos. Mirando por enriba dos anteollos, desculpa o desorde: «Trouxemos 20 caixas para aquí e outras mil levámolas para o Seminario de Sargadelos, porque tivemos que saír correndo do IGI e alí había moita documentación».


Queda no mesmo sitio para as fotos e segue remexendo entre os papeis nun silencio que racha para agasallar un libro (Tentando contruir uma esfinge de pedra. Desassosegos de Isaac Díaz Pardo): «Ese para vostede, que hai máis; despois dedícollo. Mire o que queira e colla o que queira».

-¿Vai facer unha festa para celebrar os 90 anos?

-É un ano máis; supoño que virán comer os fillos e diranme iso de que a ver se lles deixo xa a herencia, je, je, je...



-¿Segue traballando aquí?


-Si, case todos os días estou aquí; non teño tempo para nada porque hai que mirar estas caixas e un día tiña que ir ao Seminario, pero alí son moitas. Agora estaba buscando unhas fotos de Luís Seoane. Son 20 anos do IGI e hai moita documentación.


-De toda a xente que coñeceu, ¿a quen lle gustaría ter aquí agora con vostede?

-A Luís Seoane.



-¿Eran moi amigos?

-Penso que si, polo menos para min era o gran amigo e supoño que eu para el tamén. Estivo nos primeiros pasos de Sargadelos con aquelas formidables coleccións medievais. Era un personaxe moi comprometido, non era só artista. Ningún de nós comprendiamos o momento no que viviamos coma el.

-¿Está informado do que pasa en Galicia?

-No que podo leo a prensa, que nos chega aquí todos os días. Leo os titulares, a letra miúda hai que deixala para outro día.

-¿Ve a televisión?

-Non, non, non teño tempo para iso; un día dá para pouco.

-¿Como vai de saúde?



-Xa sabe que estiven dez días ingresado no hospital en Santiago e os médicos pensaban que ía morrer; iso deixoume un pouco escarallado. Estoume recuperando, pero non sei se terei solución. Son moitos anos.

-¿Témelle á morte?

-Render contas non me dá temor, non me preocupa. O certo é que nunca tiven problemas de conciencia, supoño que non fixen dano a ninguén.

-¿Cal é o recordo máis valioso que conserva?

-Hai moitas cousas orixinais de Castelao e tamén anda por aí un gravado orixinal que está firmado por Picasso.


-¿Que lembra de Castelao?

-Unha vez discutín con Castelao e insulteino: chameille reaccionario; nós eramos moi novos, estabamos dispostos a cambiar o mundo e parecíanos que o galeguismo ía moi amodo.

-¿Como foi esa discusión?



-Eu tiña 16 anos e estaba no taller de meu pai, onde se fixeron os dous carteis do Estatuto do 36; un era o que dicía «Para que Galicia sexa nosa vota o Estatuto» e no outro aparecía un señorito muxindo a vaca e unha rapaza dándolle de comer. Había que ir ao Concello poñerlle un selo para poder repartilos. Nós faciamos pasquíns atacando a Igrexa, o poder. Estando un día na imprenta Ánxel Casal, que era o dono, e o alcalde de Santiago, Castelao, meu pai e eu, Casal chamoume a atención porque repartiamos os pasquíns sen pasar polo Concello. Eu díxenlles que eran uns reaccionarios e marchei. Durante moito tempo tiven remordementos porque dous deles morreron inmolados e Castelao no exilio. Foi xente que o deu todo por Galicia.

Rodri García
Localidad:
a coruña/la voz.
Fecha de publicación:
15/8/2010

-----------------------------------------------------------------

(O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 foi un estatuto de autonomía, apoiado abrumadoramente en referendo o 28 de xuño, pero que non chegou a ser aprobado en Cortes, e tan só foi admitido a trámite, por mor da Guerra Civil española e tamén debido a que Galicia foi territorio en poder dos sublevados dende o inicio da contenda. A realización do estatuto debeuse fundamentalmente ó labor realizado polo Partido Galeguista.)

4 comentarios:

Enric Batiste dijo...

Siempre me ha emocionado la labor cultural y política de los artistas exiliados, como Seoane, y sus ramificaciones dentro y fuera de esa única nación estado inventada que llaman España.
¡Cuántos recuerdos y buenos momentos me trae la editorial Losada!
¡Y viva el joven rebelde Isaac Prado, que no se corta un pelo!
Bicos

ines dijo...

Yo me sorprendo tanto subiendo entradas. A la fuerza tengo que disfrutar sino sería imposible pasar tanto tiempo buscando información y ponerla aqui y si además me encuentro comentarios como este mis tres neuronas bailan. Pero...¿Eres un pozo inagotable de sabiduría Enric?

Bueno, pues me encantas, queda dicho

Un bico

Enric Batiste dijo...

¡Oh, hada "encantadora" que con arte hipnotizas la mirada de los pobres rateros que se asoman a tu entrada. ¿Me concederías alguna vez el sortilegio de poner un comentario en alguno de mis blogs, para que así, con tu conjuro, bailasen transidas mis tres neuronas?

Yo también sólo sé que no sé

ines dijo...

Tres neuronas? Um estás seguro?... Ya sabía eu que saías da media

Un bico